Proxecto Educativo

O obxectivo de Santa Xoana de Lestonnac (1556-1640), fundadora da Compañía de María (Burdeus 1607),  é educar ás xoves, “tenderlles a man”, e a través delas, incidir nas familias e na transformación da sociedade.

A intuición educativa de Xoana de Lestonnac foise plasmando e facendo realidade ao longo da historia de formas diversas.

Hoxe, catro séculos despois, contamos cun Proxecto Educativo que une tradición e novidade para seguir “tendendo a man”.

Desde a visión cristiá da persoa e da vida, a Compañía de María fai unha proposta educativa propia, que pon o acento nuns elementos que a definen e dan valor:

  • Unha educación humanista cristiá, que cre na utopía de chegar a ser mulleres e homes novos para a construción dun mundo mellor, como meta da tarefa educativa.
  • A mellora, a apertura e renovación continua, a reflexión sobre a práctica e a formación permanente dos educadores, son garantía dunha educación de calidade.
  • Unha educación para a solidariedade, a responsabilidade social e o desenvolvemento, para contribuír á transformación e mellora da realidade.
  • Unha educación que vai máis aló da aula e do establecido, busca espazos educativos que favorezan a educación integral e a vivencia da interculturalidade.

Nos Colexios da Compañía de María, a educación ofrécese como servizo a través de educadores e educadoras que son testemuñas, coa súa palabra e a súa vida, dos valores e principios nos que se quere educar.

Nestes tres vídeos podes ver en esencia o noso estilo educativo.

   
Educamos persoas cambiamos o mundo   Somos ti   Máxima calidade máximo compromiso