Metodoloxías Activas

A personalización é unha das nosas sinais de identidade. Desde ela o alumno é centro do proceso de ensino-aprendizaxe. Entendemos que para iso, os educadores da Compañía de María educan desde unha "Relación que acompaña, integra e fai crecer".
O proceso de ensino-aprendizaxe desenvólvese nas nosas aulas de moi diferente maneira tendo sempre como protagonista do mesmo ao alumno.
Este estilo de ensino-aprendizaxe permite que o alumnado espalle destrezas da vida real e aprenda enfrontándose a problemas e desafíos.
As nosas programacións desenvolven nos nosos alumnos as distintas capacidades, competencias e intelixencias. Buscamos promover o razoamento crítico, a creatividade, desenvolver unha visión holística da realidade, estimular a autorregulación da aprendizaxe, adquirir o hábito para o traballo en equipo, a capacidade para aprender a aprender e a habilidade para enfrontarse aos problemas e toma de decisións.
Aprendizaxe Cooperativo
A Aprendizaxe Cooperativa como metodoloxía de traballo permite fortalecer as relacións, o liderado, a comunicación, as habilidades sociais e a personalización da aprendizaxe. Traballamos xuntos para conseguir obxectivos compartidos.
As características da aprendizaxe cooperativa son:
- Interdependencia positiva.
- Responsabilidade individual.
- Desenvolvemento de habilidades interpersoais e de pequeno grupo.
IntegraTICs
A integración de ferramentas de tratamento da información posibilítannos un cambio metodolóxico e axúdannos a que o alumno sexa axente da súa aprendizaxe desenvolvendo o sentido crítico e a capacidade de discernir.