Compañía de María no Mundo
REDE UNIVERSAL DE COLEXIOS COMPAÑÍA DE MARÍA NO MUNDO
A Rede de Colexios Compañía de María aglutina un total 86 centros educativos presentes en 26 países.
Os colexios son parte da nosa tradición educativa que desde 1608 e situados en diferentes contextos, dan unha resposta integral a nenos, adolescentes, xoves e ás súas familias.
Somos unha rede de colexios que nos preocupamos pola educación integral da persoa dunha forma innovadora, en comunidade e de forma solidaria. Na Compañía de María estamos comprometidos na formación de persoas que poidan ser axentes transformadores da realidade para crear entre todos un mundo máis xusto e humano.
COMPAÑÍA DE MARÍA NO MUNDO
Máis de 400 anos de historia, unha longa cadea de entrega e de esforzos, falan dunha sucesión continua de mulleres que fixeron fronte con decisión e coraxe ás situacións orixinadas nos diferentes países a través do tempo.
Hoxe a historia continúa... cun gran número relixiosas e laicos comprometidos coa misión educativa da Compañía de María.
A diversidade configura hoxe a identidade do Proxecto Educativo Compañía de María, facéndoo vivo, aberto e dinámico.
Se queres saber máis de nós www.lestonnac-odn.org