Compañía de María en España

 

A ilusión de Xoana de Lestonnac para que a educación da mocidade chegase a máis xoves foi unha chamada ao crecemento da Compañía de María que se estendeu rapidamente por toda Francia e máis tarde por España.

En 1650, dez anos despois da morte da Fundadora, as relixiosas da cidade francesa de Béziers fundan en Barcelona o primeiro convento escola de España. «O ENSINO» - era o nome que os barceloneses deron ao colexio e á rúa onde estaba situado -. Esta expresión que se mantivo ao longo do tempo significa unha forma de educar ás mozas de maneira integral.

As relixiosas de Barcelona levan a cabo a súa primeira fundación en Tudela en 1687; desde onde a Compañía de María creceu pola Península e por Iberoamérica.

A misión da Compañía de María en España é: «evanxelizar como educadoras ao servizo da fe que frutifica en obras de xustiza».

Hoxe esta misión abarca outros ámbitos de educación non formal como:

Proxectos sociais propios Compañía de María en España:      


 

Tamén, a Compañía de María opta polo acompañamento da mocidade. Para coidar esta etapa tan importante na formación da persoa requírese de lugares e ambientes que o favorezan. Por iso, consideramos os Colexios Maiores e Residencias Universitarias un ámbito adecuado para levar a cabo o seu proxecto educativo coa xuventude universitaria e unha plataforma privilexiada de evanxelización.

 

Os nosos Colexios Maiores e Residencias Universitarias:

Se queres saber máis de nós www.companiadmaria.net