Relación Familia-Escola

Porque buscamos e queremos a máxima calidade, máximo compromiso; entendemos que a nosa maneira de educar é desde unha das nosas liñas pedagóxicas: "Educar en Comunidade desde un Proxecto Común"
Queremos formar unha familia en Compañía.
Implicar ás familias nos nosos Centros é un obxectivo prioritario. Crear comunidade educativa é ser uns con outros, “levarse mutuamente, facer unha escola comunicativa”. Partindo dun clima de confianza e colaboración, queremos que todos nos sintamos partícipes da educación dos seus fillos a través do noso Proxecto Educativo.
A implicación de todas as persoas que levan a cabo a tarefa educativa dun centro Compañía de María, fomentando relacións de complementariedade, asumindo responsabilidades e traballos en equipo, evidencian que non educa unha persoa illada senón que é todo un ambiente o que educa desde a riqueza que xera o traballar uns con outros.