A Nosa ONGD: A FISC

FISC é a ONGD da Compañía de María que traballa para conseguir un mundo máis xusto e solidario, co apoio dos colexios da Compañía de María e o dos seus socios, doantes e voluntarios.
FISCfai presente o Proxecto Compañía de María; un Proxecto que se fundamenta en principios irrenunciables como: Persoa, Proxección Social, Apertura, Comunidade, Integración, Sentido Crítico, Identidade en María. Todo iso desenvolvido naqueles lugares que necesitan especialmente da nosa mirada, acción e compromiso. Con este fin, promove proxectos para cambiar as situacións de pobreza e exclusión das persoas desde os países empobrecidos, nos que a Compañía de María ten colexios.
FISCpromove a Identidade Cosmopolita Global nos colexios da Compañía de María, para que o noso alumnado tome conciencia dos problemas do mundo, sexa sensible á percepción dos mesmos, capaz de analizar as súas causas, de comprender as interrelacións entre economía, política, cultura e sociedade e, do coñecemento crítico, diverso e ético; todo iso encamiñado a formar cidadáns activos, que queiran e poidan “actuar” sobre a realidade para transformala e mellorala.
FISCpromove e ofrece a posibilidade do voluntariado activo do alumnado a través de FISC-xove, colaborando na educación integral e fortalecendo a Pedagoxía propia da Compañía de María, que ten como obxectivo “educar na vida e para a vida”.
Animámosvos a colaborar coa ONGD do teu Colexio. Podedes facervos socios, realizar achegas ou colaborar como voluntarios/as nas súas actividades.
A vosa participación é importante. Toda a Comunidade Educativa, seguindo o modelo de Xoana de Lestonnac, podemos colaborar para facer deste mundo un lugar mellor para todas e todos.