Actividades de Verán

Todos os veráns ofrécese vivir experiencias en distintas realidades, co fin de:

  • Coñecer e convivir con persoas que viven realidades distintas ás nosas.
  • Apoiar e colaborar no traballo, que as Relixiosas da Compañía de María, realizan no lugar do voluntariado elixido por ti.
  • Vivir a experiencia de grupo, de comunidade, de traballo en equipo, de convivencia fraterna…
  • Medrar en humanidade, tenrura, fe, xustiza…, a través das actividades que realicemos.
  • Compartir a vida e a fe: reflexións sobre temas da vida, o noso mundo, e momentos de oración persoal e grupal.

Estas propostas realízanse tanto a nivel nacional (Tudela, Logroño, Granada,…) como a nivel internacional (Albania, América Latina…) e son acompañadas por voluntarios e voluntarias.