Voluntariado

O VOLUNTARIADO é unha forma de participación dos nosos alumnos na sociedade mediante accións de carácter altruísta e solidario, que levan a cabo a través de organizacións, colectivos, programas ou proxectos concretos e que teñen como obxectivo principal, o beneficio cos máis desfavorecidos.

O obxectivo do voluntariado é crear espazos onde os alumnos poidan canalizar os seus desexos de participar en accións solidarias, mediante as cales desenvolven os seus coñecementos e competencias a través de actividades solidarias.